|
|
|
 |
 |
 |
 |
Por Orde do 17 de marzo de 1988, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes recoñeceu a denominación de orixe Rías Baixas para os viños producidos nesta zona vitivinícola. Seguidamente, por Orde do 4 de xullo de 1988, aprobouse o Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas e do seu Consello Regulador.
Durante o tempo de vixencia da citada denominación, esta foi crecendo con seriedade e dunha forma ordenada, ata alcanzar un maior grao de desenvolvemento, tanto no número de viticultores como de bodegueiros. Esta circunstancia fixo aconsellable proceder a unha actualización do seu regulamento, tendo tamén presente os cambios normativos que o poidan afectar.
Esta actualización xorde por distintas necesidades: por criterios técnicos, por cuestións normativas e por outros aspectos. Estas circunstancias motivan a elaboración dun novo regulamento da denominación de orixe Rías Baixas que queda aprobado legalmente mediante distintas ordes:
|
|
Orde do 23 de outubro de 1996, pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas e do seu Consello Regulador.
|
 |
Orde do 9 de xullo de 1997, pola que se modifica o Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas e do seu Consello Regulador.
|
 |
Orde do 24 de maio de 2000, pola que se modifica o Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas e do seu Consello Regulador.
|
|
|
 |
|