![]() |
Características organolépticas ou de cata Os brancos da denominación de orixe Rías Baixas son uns viños secos, de aromas punzantes, florais e intensamente afroitados, cun regusto moi fino e prolongado. Os viños monovarietais do tipo Albariño presentan unha cor amarela palla, brillante, con irisacións douradas e verdes. No nariz presentan aromas florais e froiteiros finos e distinguidos que impresionan agradablemente, de intensidade media e potente duración medio-longa. Na boca son frescos e suaves, con suficiente corpo e grao alcohólico, acidez equilibrada, harmoniosos e de amplos matices. O seu regusto é pracenteiro, elegante e completo. | |||||||||||||||||||||
|
Os viños de tipo Rosal e Condado do Tea caracterízanse por levar na súa composición as variedades Loureira e Treixadura, respectivamente. Son viños de intensos aromas e lixeira acidez, plenos na boca, agradables e atractivos.
Características analíticas ou fisicoquímicas
|
||||||||||||||||||||||











