Notas de prensa

Rías Baixas

xoves, 30 Xullo, 2020

30 de xullo de 2020.- O vicepresidente do Consello Regulador, Julio Reboredo; o vicepresidente en funcións da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, inauguraron esta mañá o X Túnel do Veu Rías Baixas. A cita, que se desenvolverá ata o sábado 1 de agosto no Salón José Pena cambadés, rexistrou un récord de participación con 178 marcas pertencentes a 63 adegas. Esta mañá tamén se iniciou a  XXXII Cata Concurso Rías Baixas Albariño 2019 con Cata Prima no Parador de Cambados.

mércores, 29 Xullo, 2020

28 de xullo de 2020.- Nesta nova normalidade, o Consello Regulador non quixo pasar por alto o  LXVIII Albariño Rías Baixas 2020 ao que se sumou activamente coa celebración do seu tradicional Cata Concurso e co Túnel do Viño. As actividades desenvolveranse entre os próximos 30 de xullo e 1 de agosto baixo as máis estritas medidas de seguridade.

martes, 28 Xullo, 2020

29 de xullo de 2020.- 46 marcas da Colleita 2019 competirán na XXXII Cata Concurso Rías Baixas Albariño, que terá lugar no Salón Bazán do Parador de Cambados durante este xoves e venres, 30 e 31 de xullo, respectivamente.

xoves, 23 Xullo, 2020

23 de xullo de 2020.- Máis de 200 persoas asisten ao Túnel do Viño que a D.O. Rías Baixas ofrece hoxe no  NH  Collection Vigo. Este é o primeiro evento organizado polo Consello Regulador dentro da nova normalidade e nel participan un total de 26 adegas que mostran 92 marcas.

venres, 10 Xullo, 2020

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas reforza a formación ás súas adegas a través da organización de tres webinars, centrados en aspectos de márketing e vendas dixitais. Ditas sesións celebráronse os días 25 de xuño, 2 e 9 de xullo. A primeira xornada titulouse a “Transformación dixital en márketing e vendas para a D.O. Rías Baixas”, a segunda delas “Estratexia de Medios” e a terceira “Obxectivos de medios no mundo dixital”. Esta formación online foi impartida polas empresas Avante Medios e Roi Scroll.

martes, 16 Xuño, 2020

Desde a entrada da Fase 3 en Galicia, o Consello Regulador Rías Baixas activou unha serie de protocolos para un seguro desenvolvemento da súa actividade ante a Covid-19. Devanditos protocolos levarán a cabo á hora da atención ao público, a toma de mostras, a realización de auditorías en adegas e viñedos e as catas de verificación dos viños, que a partir de agora o Departamento Técnico retoma presencialmente seguindo unhas medidas estritas de seguridade e hixiene.

luns, 04 Maio, 2020

4 de maio de 2020.- A D.O. Rías Baixas acaba de por en marcha hoxe, a través da súa páxina web, un proxecto de venda directa desde as súas adegas. Ata o momento súmanse máis de 80 adegas a esta iniciativa, que consiste nun directorio que recolle os contactos de todas as empresas participantes e que está emprazado na web doriasbaixas.com. Esta iniciativa darase a coñecer a través das súas redes sociais.

mércores, 01 Abril, 2020

1 de abril de 2020.- Os viños de Rías Baixas recibiron 20 premios nos concursos Mundus Vini e no Vinalies International, celebrados o pasado mes de febreiro en Alemaña e Francia, respectivamente. Estes galardóns repartíronse en 13 Medallas de Ouro e 8 de Prata, pertencentes ás colleitas 2019, 2018 e 2017.

venres, 07 Febreiro, 2020

7 de febreiro de 2020.- Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas participan estes días na edición número 21 de Xantar, en Expourense. En concreto, trece bodegas de Rías Baixas, cun total de 29 marcas, forman parte ata o vindeiro domingo 9 de febreiro dun túnel de viño xunto ás demais denominacións vitivinícolas galegas.

xoves, 06 Febreiro, 2020

6 de febreiro de 2020.- A comercialización dos viños de Rías Baixas continúa crecendo. Durante o exercicio 2019, a Denominación de Orixe Rías Baixas expediu un total de 35.989.705 contraetiquetas ás adegas, un 6,6% máis que en 2018, ano no que se alcanzaron as 33.756.448 precintas. Así mesmo o Órgano de Control e Certificación do Consello Regulador cualificou un total de 27.098.246 litros de viño, un 6% máis que o viño cualificado en 2018, 25.562.695 litros.

luns, 30 Decembro, 2019

30 de decembro de 2019.- Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas sumaron 220 galardóns coa súa participación en concursos enolóxicos nacionais e internacionais durante 2019. Contabilizan, en concreto, 202 premios e 18 eloxios en 16 das citas establecidas no calendario oficial da Organización Internacional da Viña e do Viño (OIV) ás que concorreron desde xaneiro distintas adegas adscritas á denominación.

mércores, 18 Decembro, 2019

18 de decembro de 2019.- Máis de 124.000 botellas de Rías Baixas Escumoso de Calidade certificará o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para este Nadal. Trátase dun produto que xa está consolidado dentro da gama de elaboracións existentes e permitidas polo Prego de Condicións. Como corrobora o director do Órgano de Control e Certificación do Consello, Agustín Lago, “na actual campaña contamos con 16 adegas que elaboran 24 marcas de Rías Baixas Escumoso de Calidade”.

Páxinas